Hiking routes
Covelo é o sitio ideal para rutas, miradoiros naturais de situación extraordinaria, prados verdes, bosques autóctonos, fervenzas, regatos, paraxes naturais... Estas características convérteno no sitio ideal para a práctica do turismo verde.

Estas rutas convertéronse nunha alternativa para desfrutar do turismo no medio rural e a súa vez son un escaparate de costumbres, paisaxes e arquitectura popular.

RUTA DOS CARRANOS
(PR-G 95) comeza o seu recorrido na antiga Rectoral de Fofe hoxe en día restaurada e dedicada ó turismo rural ata a praia fluvial de Maceira. O atractivo principal desta ruta é a presenza esplendorosa do río Tea, as fermosas vistas panorámicas do val de Tielas, a praia fluvial de Maceira, as vistas da serra do Suído e do Faro así como o Serradoiro dos Carranos, construído en 1922, onde se pode visitar o Centro de Interpretación do Alto Tea.
 
 Descargar o Panel Informativo

RUTA POZA PIÑEIRO
supón unha primeira aproximación a serra do Suido. A valgada que define o Rego de Piñeiro, na ladeira suroeste do Macizo de Bidueiros foi aproveitada para encorar a auga procedente da parte alta da Serra do Suído, e así dispoñer dela en reserva para cando se precisa na rega das terras agrícolas baixas da Parroquia de Piñeiro, creándose así o chamado Pozo ou Poza de Piñeiro
 

RUTA DO XABRIÑA
(PR-G 119) o percorrido total de máis de 17 km ten como principal protagonista ó río Xabriña e os seus afluentes. A súa estructura circular transcorre polas parroquias de Paraños, Prado de Canda e A Lamosa, situadas no alto val que forma este río afluente do Tea. A ruta combina a perfección os valores naturais co rico patrimonio etnográfico das tres parroquias: as fermosas ribeiras do río a súa vexetación, fragas, prados, cruces e cruceiros, muiños...
 
Panel informativo, Ruta do Xabriña

RUTA COVELO NATURA AQA
con estructura circular comeza e remata o seu recorrido no lugar de Portafurado parroquia de Barciademera pasando por Lourido e a Praia fluvial de Maceira. O río Tea, a vexetación e os prados son parte importante nesta percorrido así como muiños restaurados e diversas mostras de arquitectura popular. A ruta conta con unha variante que chega a Santiago de Covelo capital do municipio.
 
Ruta AQA Descargar Triptico | Descargar Panel Informativo

RUTA PEDRA DO LOBO
o sendeiro constitue unha ruta circular que ten como principio e fin o Castro de Santiago de Covelo. Principia nas abas de Castro para discorrer paralelo ó río Ponte Piñeiros. No seu percorrido podemos coñecer diversos ecosistemas, coma o bosque de ribeira, as brañas, as matogueiras, os prados e os pequenos bosques. Ademáis deste variado patrimonio natural, compre admirar muiños, cruceiros e petroglifos, así como outras manifestacións da relación do ser humano e a natureza
 
O RÍO TEA EN COVELO se identifican cinco sitios dentro del espacio de la Red Natura más fáciles de visitar sin equipo especial y sin mojarse los pies. Sugerimos también estas tres posibles rutas que permiten gozar del paisaje del Tea, aunque fuera de la zona protegida. Tríptico O RÍO TEA EN COVELO.
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade