Axenda
Programación Turística 2021
- 02/06/2021 -
Roteiros e Patrimonio Natural - Museo Pazo da Cruz e Patrimonio Etnográfico - Observación de Estrelas e Astroturismo.
Previamente a cada data e actividade publicaremos a programación completa coas condicións e prazos de inscrición.
Turismo 10 en Covelo.
Rutas guiadas con explicación dos valores naturais e patrimonio etnográfico, arqueolóxico e arquitectónico existentes. Un total de 14 rutas de primavera, verán, outono e inverno segundo o calendario axunto. (Para información complementaria dirixirse a Julio Eiroa no teléfono 654 500 652).
 
Portas abertas da Aula da Natureza e Serradoiro dos Carranos. (Para información complementaria dirixirse a Julio Eiroa no teléfono 654 500 652).
 
Xornadas de Rutas Nocturnas con visión estelar e iniciación á astronomía no miradoiro e observatorio nocturno Castelo do Faro. (Para información complementaria dirixirse a Jesús no teléfono 622 676 355).
 
Rutas de promoción turística con visitas guiadas ó patrimonio arquitectonico e etnolóxico do concello, como ó Cruceiro do Santo Cristo dos Aflixidos na Praza do Mestre Cerviño, así como o Museo Etnográfico Pazo da Cruz en A Hermida, a Casa Leónides en A Graña, os Chozos da Serra do Suído e a Capela da Xestosa. O Concello financiará o transporte en autobús, así como o guía turístico, agasallos, e material informativo dos recursos do concello. (Para información complementaria dirixirse a Maximíno Fernández Sendín no teléfono 646 600 059).

Toda a información actualizada no perfil de FB "Covelo Tourism"




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade