Axenda
04/09/2020
III Mostra de produtos de Covelo 2020
Este venres terá lugar a III Mostra de Produtos de Covelo deste ano, proxecto en colaboración coa Deputación de Pontevedra no que se pretende o impulso da venta directa xunto cunha programación para promocionar a cociña saudable. Haberá servizo de transporte para para facilitar a mobilidade polas parroquias. Faranse obradoiros de cociña en directo nas mesmas exposicións co fin de que as persoas aprendan a realizar cociña saudable cos productos de temporada. Obradoiro de cociña con Gloria Domecq Catering as 11 h. Sesión vermú concerto con M.J. Pérez.
03/09/2020
Obradoiro de empoderamento e autoestima da muller
Na Sala Multiusos do Edificio de usos múltiples de Covelo, os mércores 16 e 23 de setembro e os venres 18 e 25 setembro das 17:00 ás 20:00 h. Inscricións do 4 á 11 de setembro 2020.
29/08/2020
Segundo roteiro guiado de observación estelar no Alto do Castelo do Faro.
Catro xornadas de roteiros e observación e interpretación astronómica no Miradoiro Paisaxístico do Castelo (Punto Geodésico do Faro, o máis alto de Pontevedra, con 1.154 m.) en Prado, Covelo. Atópase aberta a reserva para as dúas últimas que terán lugar os sábados 19 de setembro e 3 de outubro.
29/08/2020
XII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera
Vox Stellae."O Caso Aleotti". Sábado 29 as 20:30. Mellor reservar, é obrigatorio o uso de mascarilla.
27/08/2020
Axudas para adquisición de vivenda e beneficios fiscais no rural
Permanecen abertas ata o 30 de setembro de 2020 as axudas para adquisición de vivienda dirixida a menores de 35 años en municipios de menos de 5.000 habitantes, así como os Beneficios Fiscais na compra de vivenda habitual, terreos rústicos e explotacións agrícolas e gandeiras en todas as parroquias do concello de Covelo.

[926 noticias - Página 6 de 186]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade