Proxecto de participación
Diversos proxectos de inversión do Plan Concellos 2022
Categoría: Participación en proxectos de obras
Descripción: Consulta e participación nos proxectos das obras en distintos lugares do concello de Covelo do Plan Concellos 2022. Pavimentación de camiños en Piñeiro, A Lamosa, Paraños e Covelo. Acondicionamento do entrono da igrexa de Prado da Canda (plurianual). Mellora da pista deportiva de Pazos e creación dun parque infantil. Mellora de accesibilidade e humanización do acceso a equipamentos en Barcia de Mera (plurianual). Mellora do entorno da casa social de San Salvador de Prado.
Contenido: Proxecto Pavimentación de camiños en Piñeiro, A Lamosa, Paraños e Covelo. Pode consultar o proxecto aquí.

Proxecto Acondicionamento do entorno da Igrexa de Prado da Canda (plurianual). Pode consultar o proxecto aquí.

Proxecto de Mellora da Pista Deportiva de Pazos e creación dun parque infantil. Pode consultar o proxecto aquí.

Proxecto Mellora de accesibilidade e humanización do acceso a equipamentos en Barcia de Mera (plurianual). Pode consultar o proxecto aquí.

Proxecto Mellora do entorno da Casa Social de San Salvador de Prado. Pode consultar o proxecto aquí.


Si quere aportar algunha información ou suxerencia, pode facelo ao final desta páxina en "Comentar aquí"

Comentarios

Comenta aquí
Nombre: Uxía Estévez Tato Data: 29/03/2022
Comentario: Eu únicamente pediría que á hora de pór bancos, por favor, prime a súa funcionalidade e comodidade antes que a estética. Por exemplo, acostuman facer os bancos de madeira con demasiada altura e ó non chegarlle cos pés ó chan un non pode estar sentado moito tempo sen estar incómodo. Supoño que están feitos con medidas estándar, pero cando moita xente se queixa do mesmo, habería que revisar esas medidas.
Por outra banda, nestes proxectos apóstase moito polos bancos sen respaldo de pedra granítica, que é verdade que van coa estética da reforma e teñen a súa utilidade, pero sempre que non sexa a única opción para sentarse, xa que, a espalda non ten apoio para unha postura correcta.

Nombre: Veciña de Pazos Data: 20/04/2022
Comentario: Escribo pola Pista deportiva de Pazos. Propoño engadir a sinal de Peligro Rapaces ou Área recreativa. O noso temor e polas velocidades que podan alcanzar os vehículos na zona...

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade