Novas
20/04/2019
Anuncio: O sábado 20 de abril o Punto Limpo permanecerá pechado.
O sábado 20 de abril o Punto Limpo permanecerá pechado por necesidades de mantemento.
09/04/2019
Prestación económica por fillo/a a cargo menor de tres anos 2019
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €.
Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 €.
Prazo de presentación, ata o 28 de maio de 2019.
08/04/2019
Axudas para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, destinadas a particulares 2019.
Presentación solicitude beneficiarios. As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) so se admite a tramitación electrónica.

Inicio solicitude: 15 de abril de 2019.
Fin solicitude: 1 de Xullo de 2019 (incluído), ou ata esgotamento de crédito.
05/04/2019
Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica destinadas a particulares para o ano 2019.
Presentación solicitudes beneficarios. As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) so se admite a tramitación electrónica.

Inicio solicitude: 15 de abril de 2019.
Fin solicitude: 1 de Xullo de 2019 (incluído), ou ata esgotamento de crédito.
05/04/2019
Participación veciñal no III Plan de Formación do Concello de Covelo 2019
No presuposto deste ano contemplase unha partida orzamentaria para a ejecución dun Plan de Formación dirixido ós veciños do Concello preferentemente as persoas desempregadas. Có obxecto de determinar os cursos mais axeitados e a programación no tempo, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as suas propostas tanto nos tipos de cursos que lle gostaría que fosen realizados como no calendario de impartición destes.

[560 noticias - Página 1 de 112]   [1] [2] [3] [4] [5] [6] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade