News
Proceso de solicitud del Ingreso Mínimo Vital
- 15/06/2020 -
Se informa a las vecinas y vecinos del municipio de la posibilidad de solicitud del Ingreso Mínimo Vital puesta en marcha por el Gobierno del Estado.
 O Concello de Covelo informa ás veciñas e veciños do municipio da solicitude do Ingreso Mínimo Vital posta en marcha polo Goberno.

Como solicitar o Ingreso Mínimo Vital?

O INSS pon á súa disposición 4 maneiras de informarse da achega do Ingreso Mínimo Vital:
1. Teléfono gratuíto liña 900 20 22 22. 
2. Web da Seguridade Social www.seg-social.es - Caixa de correos de consultas: IMV Preguntas frecuentes.
3. Asistente virtual ISSA. www.seg-social.es
4. Simulador do Ingreso Mínimo Vital - https://ingreso-minimo-vital.seg-social-innova.es/simulador

Desde cando se pode solicitar a prestación?

O 15 de xuño é a data a partir da cal se poden presentar as solicitudes na páxina web da Seguridade Social www.seg-social.es. Para que os beneficiarios poidan solicitar a documentación e non sufran perda de dereitos en todas as solicitudes presentadas até o 15 de setembro os efectos económicos da prestación se retrotraerán ao día 1 de xuño.

Que documentación débese presentar?

a. Acreditación da identidade (DNI/NIE).
b. Acreditación da residencia legal en España.
c. Certificado de empadroamento colectivo e histórico onde consten todas as persoas empadroadas no domicilio, e a data de antigüidade.
d. Libro de familia que acredite a filiación das persoas que forman parte da unidade de convivencia.
e. Declaración responsable de ingresos e patrimonio.
f. Outra documentación que poida ser necesaria en determinados casos (sentenza de garda e custodia, convenio regulador, copia da demanda de separación ou divorcio...)


Pode elixir entre 4 canles de solicitude:

1. Formulario con identificación electrónica.
2. Formulario sen identificación electrónica.
3. Correo postal.
4. Presencialmente só con cita previa nun Centro de Atención e Información da Seguridade Social.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade