Novas
Gala VII Galardóns "Síntete Covelo" 2020 e 2021
- 28/12/2021 -
A gala para a entrega dos premios Síntete Covelo 2021 celebrouse este domingo día 26 de decembro na auditorio Municipal de Covelo, na que se fixo tamén a entrega dos galardóns do ano 2020 (aprazados a causa da situación Covid).
Foi unha gala moi emotiva e resumindo un pouquiño os galardoados foron:
- Asociación Veciñal de Protección Civil Avpc Oitaven-Tea (galardón 2020) recoñecemento no ámbito humanitario e solidario.
- Grupo de Voluntariado Social do Concello de Covelo (galardón 2020) recoñecemento no ámbito de compromiso humanitario.
- Camping Maceira - Ana Outón Beloso (galardón 2021) no ámbito turístico.
- Comunidade de Montes San Salvador de Prado (galardón 2021) no ámbito medioambiental.
A entrega dos galardóns "Síntete Covelo" realizouna o Alcalde Pablo Castillo, a Concelleira do BNG Laura Santiso Castillo, o concelleiro de PSOE José Fernández Muradás e o membro do xurado Darío Vieitez López.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade