Novas
Programación Verán Cultural Concello de Covelo 2022
- 23/06/2022 -
Covelo terá un verán de cine, música, rutas de sendeirismo e entretemento.
 Concertos de todo tipo de música como o de Pelepau, Antonio Barros, o de Música no Ar, o cuarteto de saxofóns Dextrum Ensemble, Los Lunes al Sol, Banda de Música de Mondariz, Breocáns, Pandereteiras do Suído ou Ferriñas da Guía súmanse á música das orquestras, das charangas e á programación do XIV Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera.

Os máis cativos e cativas gozarán coas historias de “Ler conta moito” que aterrará en Covelo en catro sesións de divertidas aventuras.

As excursións do programa “Coñece Covelo”, as xornadas de portas abertas do serradoiro dos Carranos, as visitas da Casa Museo Pazo da Cruz, os roteiros estelares guiados e as rutas de sendeirismo achegaránnos ao patrimonio natural

O verán en Covelo tamén será deportivo e están programadas actividades para cativos e cativas como as do campus multideporte, proba de orientación “Covelo aventura” para adultos e nenos/as e clases de natación na piscina municipal para adultos.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade