Actualidade e Noticias



Covelo da un paso máis na súa promoción turística
- 05/08/2022 -

No marco da estratexia de promoción do Concello, a concellaría de Turismo posiciona Covelo na revista de hostalaría e turismo €Tierra€ e na guía de lecer e cultura €laguiaGO€
No marco da estratexia de promoción do concello de Covelo, a concellaría de Turismo posiciona o Concello nas principais revistas e guías de cultura, hostalaría e turismo. En concreto, a revista “Tierra” e “laguiaGO” adican un espazo a salientar as principais riquezas da nosa vila e os atractivos turísticos.


Clientes de hoteis, casas de turismo rural e complexos hoteleiros consultan estas publicacións que se atopan en moitos dos aloxamentos de Galicia. Por un lado a revista Tierra que adica as súas páxinas a salientar, entre outros aspectos, os lugares e paisaxes máis fermosos e, por outro lado, laguiaGO de actualidade de lecer e cultura que está posicionada tamén nos aloxamentos e é un referente de consulta da oferta para o tempo libre”, explica a concelleira Lourdes Enes.


Deste xeito o Concello da a coñecer o noso patrimonio medio ambiental, cultural, etnográfico e arquitectónico ofrecendo ao público un espazo natural no que gozar da natureza, da boa gastronomía, do patrimonio, da tranquilidade, das rutas de sendeirismo, dos ríos e praias fluviais e das nosas xentes.


Esta iniciativa súmase á campaña de promoción turística realizada ao longo de todo o ano e intensificada a partir da primavera nas principais vallas publicitarias e pantallas dixitais da cidade de Vigo, a participación na Feira Internacional de Turismo (FITUR) é ás colaboracións en prensa con distintas publicacións e guías impresas e on line.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade