Present News



Covelo concentrarase diante da Casa do Concello para dicir NON á violencia de xénero
- 24/11/2022 -

Con motivo do día internacional contra a violencia de xénero a concellería
de Igualdade convoca un minuto de silencio ás 12:30 horas
A concellería de Igualdade do concello de Covelo, que dirixe María Valiñas, informa que mañá venres 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, haberá unha concentración diante do Concello ás 12.30 horas e un minuto de silencio para lembrar ás vítimas.

 

O Concello de Covelo quere amosar así o seu total rexeitamento contra este tipo de violencia que atenta contra as mulleres. Ademais, este acto pretende lembrar ás vítimas e condenar os asasinatos que este ano 2022 suman 38 mulleres asasinadas. O Concello quere amosar, tamén, o seu compromiso para seguir tomando medidas para erradicar estes feitos.

 

O departamento de Igualdade, ofrece na páxina web do Concello recursos, ferramentas, e números de teléfonos de interese para as mulleres https://igualdade.concellodecovelo.es/index.php/7-2/



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade