Actualidade e Noticias



Covelo facilita a conciliación familiar e laboral este Nadal a través do Plan Corresponsables
- 21/12/2022 -

O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de decembro
Co obxectivo de ofrecer ferramentas que contribúan a unha mellor conciliación familiar e laboral, o Concello de Covelo participa no Plan Corresponsables da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.


A Concellería de Igualdade, que dirixe María Valiñas, informa que se organizarán actividades para nenos e nenas nacidos entre o 2006 e 2019 que realizarán en horario non lectivo e así poder favorecer un tempo libre saudable a través de propostas lúdicas e socioeducativas cando as súas familias non poidan atendelos.


O prazo de solicitude e reserva de praza está aberto ata o 27 de decembro de 2022. Este servizo de conciliación é gratuíto e estará dispoñible os días laborais ata o 30 de decembro de 2022 dende as 15:00 horas as 21:00 h de luns a venres e os días non lectivos de Nadal dende as 8:00 h ata as 21:00 h.


Todas as persoas que precisen máis información poden chamar ás oficinas de Servizos Sociais do Concello de Covelo ao telf. 986650027 ext. 3 ou enviar un correo electrónico a servizossociais.covelo@fegamp.gal

Bases consultar aquí

Formulario inscrición aquí




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade