Actualidade e Noticias



O vindeiro venres 27 remata o prazo para inscribirse na escola de verán
- 24/05/2022 -

A escola de verán realizarase en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres, dende o día 1 ó 31 de xullo de 2022
O concello de Covelo recórdalle ás familias que o vindeiro 27 de maio remata o prazo para solicitar praza na escola de verán. As familias interesadas deberán remitirse ao departamento dos servizos sociais do Concello a través do número de teléfono 986 65 0027 extensión 3 ou a través do correo electrónico servizossociais.covelo@fegamp.gal


Poderán participar os nenos e nenas de 3 a 12 anos, preferentemente empadroados e empadroadas no concello de Covelo. A escola de verán realizarase en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres, dende o día 1 ó 31 de xullo de 2022. Para as persoas empadroadas no Concello de Covelo terá un custo de 20 € e para as non empadroadas 40 €.


Realizaranse múltiples e variados obradoiros como xogos populares, danzas e bailes ou deportivas como ioga; artísticas como pintura ou debuxo; horticultura, rastrexos excursións.


Os e as máis pequenas dos fogares de Covelo participarán en actividades que fomenten valores positivos e nas que aprendan a través do xogo.

http://www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/20220513_Outros_Bases_BASES ESCOLA VERÁN 2022 COVELO.pdf


Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de emprego e igualdade da Xunta de Galicia.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade