Actualidade e Noticias



O alumnado do CEIP Antonio Rodríguez Blanco traballará co Distrito Forestal no monte da Lamosa
- 27/05/2022 -

O concello de Covelo e o Distrito Forestal XVII colaboran nunha actividade formativa para que o alumnado de terceiro de primaria reciba unha clase práctica a pé de campo
O alumnado de terceiro de primaria do colexio público CEIP Antonio Rodríguez Blanco desprazarase á Comunidade de Montes en Man Común da Lamosa para iniciarse na xestión da madeira e arborado grazas á actividade proposta polo Distrito Forestal da comarca ao Concello de Covelo.

 

A concelleira Lourdes Enes explica que a través dunha clase práctica aprenderán como se estima a madeira que hai nun monte, como se fai o conteo pé a pé, coñecerán o ciclo das árbores, contarán os aneis realizando unha práctica cunha barrena de pressler) e aprendarán sobre as especies arbóreas que están alí presentes ademais de saber os aproveitamentos que ten cada unha delas. Tamén se iniciarán no manexo da forcípula, estadillos, blume layss, gps….

 

O vindeiro martes día 30 pisarán o monte e achegaranse aos termos sotobosque, plagas e biodiversidade para afondarse nun dos poucos piñeirais de piñeiro silvestre que existe na provincia e que xa acada arredor de oitenta anos de idade. Achegaránse tamén á mouteira tamén plantada con piñeiros do páis despois de talar a plantación anterior de pino radiata.

 

Pero para chegar aí, antes pasarán diante das mámoas catalogadas recentemente donde puido existir un asentamento humano. Desde alí verán a caseta de vixilancia de incendios de Montouto, unha das de mais sona da provincia de Pontevedra, e aproveitarán para conversar sobre incendios forestais.

 

A axente forestal do Distrito XVII, Goretti Tuche, adiántanos que tamén falarán “do papel das mulleres no monte, que traballos facemos as e os axentesforesta. A idea é ir dando un paseo e falar de cousas que lles chamen a atención e que lles parezan interesantes”.

 

Ao longo do percorrido respirarán o aire limpo da montaña e recibirán coñecementos de patrimonio natural e históricos, “o mellor dos xeitos de pór en valor a nosa riqueza e de aprender”, conclúe a concelleira Lourdes Enes que engade que a xornada complétase coa visita ao museo de cera FAVUM ubicado na parroquia de Paraños.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade