O río Tea nace no Concello de Covelo no punto máis alto da provincia de Pontevedra ; o Faro de Avión ( 1.155 m ). Discorre polo Val do Tea (na súa zona alta; Val do Tielas ) dividindo en diagonal o territorio municipal. No seu traxecto nútrese de múltiples afluentes de augas cristalinas e ateigadas de vida vexetal e animal. As troitas de montaña (de menor tamaño que a troita de augas calmas) abunda aínda nestas augas, tamén coñécese a existencia de lontras e outras especies escasas noutros ecosistemas. A combinación de paraxes rudas, propios de terreos moi elevados ( Serra do Suído e Serra do Faro), contrasta coa fecundidade dos pequenos vales e fragas das zonas con cotas inferiores. A Serra do Suído e a do Faro son exemplos de alta montaña en estado libre a escasos quilómetros da cidade.
As denominadas Fragas do Tea constitúen un exemplo de bosque conformado principalmente por carballos e caducifolias autóctonas. Estas fragas situadas no Alto Tea son as máis extensas e mellor conservadas da provincia de Pontevedra e unhas das máis importantes de Galicia . O nivel de protección intensificouse para preservar este patrimonio natural de talas incontroladas que provocan unha forte erosión no chan e a perdida dun ecosistema escaso. Animais abundantes nestas paraxes son os xabarís, corzos, pequenos carnívoros, londras, aves rapaces, becacinas , arces e aves frías, gatos monteses e outras especies que atopan nestas masas boscosas o seu hábitat idóneo.
O río Tea foi declarado pola Consellería de Agricultura , Gandería e Montes como "Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral " na orde do 5 de xuño de 1997
Río Tea, espazo natural da Rede Natura 2000 .