O río Tea. Onde visitalo

Onde visitalo

O río Tea nace na serra do Suído, no concello de Covelo, e desemboca no Baixo Miño, no concello de Salvaterra de Miño. No seu camiño, pasa polos concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario e Ponteareas. No entanto, esta páxina refírese soamente á parte do espazo protexido que cae no concello de Covelo: o tramo medio-alto do Tea, os ríos Alén e Fofe, e o Regato do Castro.

Descargar mapa en formato PDF  100 KB

A pouca presenza humana nesta zona é unha das razóns polas que o río segue a ser tan importante para a natureza, pero significa que o acceso a moitos treitos é limitado. Dentro ou moi preto do LIC (a zona que forma parte da Rede Natura 2000), identificamos oito dos sitios máis doados de visitar sen equipo especial e sen mollar os pés.

1. Praia Fluvial de Maceira
O río Fofe entra no Tea na praia fluvial de Maceira, preto da cabeceira da zona protexida. A balsa creada pola antiga presa e a humanización da illa fano un dos mellores sitios do Tea para bañarse no verán.

2. Fonte de Lourido
A manancial que aflora debaixo de Lourido ten un forte cheiro a sulfuro sódico. Os veciños apostan polo valor curativo destas augas: "Dúas veces ao ano, durante 20 días e sempre tomadas en xaxún ao pé da manancial. Para curas de fígado, vesícula, intestinos e a pel...".

3. Pasos de Lourido
Ir de Lourido a Barcia de Mera son 5 minutos en coche... ou medio día no carro de bois. Os pasos de Lourido coñeceron o tránsito da xente durante séculos, mentres que os carros e os bois pisaban a calzada colocada no leito. Feitos a man, a pesar de sufrir miles de riadas, aínda están en perfectas condicións.

4. Pasos de Castelans
En Casteláns atopamos outros pasos, esta vez apoiados en laxas que permitían o paso de animais por riba. Pero debaixo pasan os salmóns, peixes que veñen dende o norte Atlántico para desovar aquí. Esta zona é o comezo e o final da súa viaxe -a presa hidroeléctrica, a 1 km augas arriba, impide o seu paso máis alto- e é unha das razóns principais de incluír o río Tea na Rede Natura 2000.

5. Mosteiro de San Xoan e o Rio Alen
Para experimentar a maxia da natureza galega hai poucos sitios mellores có Alén. Pateando o camiño medieval dos arrieiros, atopamos o mosteiro de San Xoán, acubillado en pleno bosque. As augas cristalinas corren entre fentos luxosos e un antigo bosque de ribeira de cen tonalidades de verde. Estamos no fogar de moitos dos nosos animais máis espectaculares e ameazados: da lontra e do auganeiro, do picapeixe e do merlo rieiro, das ras, dos pintafontes e dos lagartos.

6. Ponte Medieval de Fofe 

7. Serradoiro hidráulico de Trasfontán

8. Muíños de San Salvador de Prado



 
  O Río Tea: espazo protexido Red Natura 2000. Concello de Covelo.