Anuncio - Colocación de Placas de Numeración nas vivendas.
A colocación realizarase a partir do mes de Abril pola empresa adxudicataria dos traballos, sen coste para a veciñanza.
Estes traballos serán financiados con cargo ao Plan+Provincia 2024 da Deputación Provincial de Pontevedra.
A súa colocación por parroquias, será seguindo a seguinte orde:
A Graña, Campo, Prado, Godóns, Maceira, Fofe, Piñeiro, Barcia de Mera, Casteláns, Santa Mariña, Covelo, A Lamosa, Paraños e Prado da Canda.
No caso de non poder colocarse por non atoparse os propietarios no domicilio, a placa será entregada no Concello onde poderán recollela os titulares das vivendas para efectuar a colocación pola súa conta e os que desexen, poderán deixar unha marca na entrada, peche ou fachada onde queiran que se coloque (medidas placa 15x15 cm.) e comunicalo previamente ao persoal encargado no seguinte telf. de contacto 633181884.
Para mais información poderán chamar ao concello ao teléfono 986650027.
