 
   
O concello de Covelo ofrece un conxunto de lugares para visitar diferentes e particulares.
Podemos dividilos en varias categorías: 
Lugares de baño con encanto único      como a praia de Maceira, a praia de Barciademera, a piscina municipal de Covelo, e outros mais reconditos e exclusivos que có obxecto de preservalos no seu estado salvaxe non recolleremos aquí deixando a súa descuberta ó esforzo ou a casualidade.(Enlace a galería de fotos)
 
Patrimonio histórico: Covelo é o concello      da zona con máis patrimonio histórico, as súas 14 parroquias contan cun      grande número de monumentos: cruceiro de Covelo, o conxunto abacial de      Barcia de Mera, a ermida de San Xoán do Mosteiro, son os máis      emblemáticos, xunto cos xa mencionados no apartado de patrimonio histórico. 
Serradoiro      dos Carranos utiliza a forza motriz da auga      para mover as máquinas. Construído en 1922 consta de catro edificacións:  o serradoiro, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén. Conta ademais cun centro de interpretación das serras e o val. Mais información aquí.
Favum, o lugar da cera. O Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños. Durante siglos os cereiros de Covelo elaboraron velas, exvotos e bloques de cera amarela e branca, que os llevou a unha especialización ainda visible hoxe no numeroso legado etnográfico relacionado coa ceraría. O Favum é un exemplo representativo que pode vostede visitar.
 
RMR - Rutas de sendeirismo: Covelo é o sitio ideal para rutas, miradoiros naturais de  situación extraordinaria, prados verdes, bosques autótonos, fervenzas, regatos; paraxes  naturais de bondadosa beleza... Estas características particulares convérteno nun lugar  ideal para todo o que signifique práctica de turismo verde. O Concello de Covelo conta có  RMR. A Rede Municipal de Roteiros é una plataforma dixital que reúne a información  técnica dos roteiros dependentes do Concello e das que dependen das Comunidades de  Montes Veciñais en Man Común (CMVCM). Nesta páxina e no seguinte enlace poderá atopar toda a información  necesaria para recorrer estos sendeiros. Algunhas delas Audioguias Rutas MP3.
 

 
Rutas de BTT (Mountain Bike): Duas rutas propostas a través dunha aplicación para dispositivos móbiles que lle permitirán recorrer a Serra do Suído e o Val de Tielas, así como as paraxes de Fontefría. Pode encontrar toda a información en este enlace. 
Para os amantes da naturaleza as serras do Faro e Suído, os      ríos Alén e Tea, os seus afluentes e as súas fragas, son os valores que      máis poden satisfacerlles.
Dispón de diversas posibilidades de aloxamento entre as que podemos resaltar o Camping de Maceira de recente apertura, a
 tradicional Casa Costa e a Rectoral de Fofe, exemplo de casa rural, que se      levanta sobre as ruínas da orixinal casa do cura, construída no século XVII.      A torre e o muro de cierre do patio construíronse segundo a inscrición que      figura no paramento exterior da torre, no ano 1830.
   
Casa Museo      Pazo da Cruz este conxunto atópase na Hermida e constitue un dos mellores      exemplos da arquitectura tradicional da comarca e é un expoñente da Casa      Grande (casa solariega) galega do século XVII que conserva todos os      elementos propios desa época: Portón de entrada con cruz e pináculos,      patio empedrado con fonte (auga no interior, privilexio do clero e a      nobleza, en outra época) vivenda principal, vivenda dos caseiros,      escaleiras de pedra, cociña antiga con forno de pedra, “lareira”,      “Alacenas” chan e paredes de pedra, habitacións con chans e divisións de      madeira, cuadras, cobertizos, hórreo ...Para mais información:     http://www.casamuseopazodacruz.com
    Casa Museo      Leónides      nome que toma da familia propietaria desta vivenda tradicional en  A  Graña Covelo. O actual museo foi na      súa orixe a casa familiar dos  Leónides e agora foi cedida pola familia. A      vivenda pretende  reflectir coa máxima fidelidade como vivían os habitantes      da Graña  ós que se lle atribúe unha orixe xudea-conversa. A Casa é semellante       ás tradicionais pallozas galegas e ten máis de trescentos anos de       antigüidade. É a única que se conserva na actualidade nesta parroquia       covelense.
     http://www.fernandezsendin.com
 
