Novas
Conciliación: Escola de Verán 2025 do Concello de Covelo.
- 28/05/2025 -
Poderán participar nenos e nenas de 3 a 13 anos, preferentemente empadroados/as no Concello de Covelo.

->Decreto consulta aquí.
->Bases Consultar aquí.
->Modelo de solicitude aquí.
INFO:
Número de participantes

  • Mínimo: 10 persoas

  • Máximo: 32 persoas


Temporalización

  • Xullo 2025: do 1 ao 31, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 h.

  • Setembro 2025: do 1 ao 5, mesmo horario.

  • Servizo de conciliación (máx. 10 prazas): 08:00-09:00 e 14:00-15:00 h.


Prezos

Xullo 2025

  • Empadroados/as: 20 €

  • Non empadroados/as: 40 €

Setembro 2025

  • Empadroados/as: 10 €

  • Non empadroados/as: 20 €


Actividades

Obradoiros variados:

  • Xogos lúdicos e deportivos (xogos populares, ...)

  • Actividades artísticas (pintura, manualidades)

  • Horticultura, medio ambiente

  • Excursións, rastrexos

  • Sensibilización en igualdade e contra a violencia de xénero


Metodoloxía

Enfoque activo, participativo, lúdico e educativo, promovendo valores positivos, integración e diversión durante as vacacións.


Inscrición e criterios de selección

De forma presencial ou a través da sede electrónica mediante instancia xeral e o Anexo I.

Inscricións: Do 28 de maio ao 3 de xuño de 2025
Publicación de listaxes de persoas admitidas:

  • Provisional: 6 de xuño

  • Definitiva: 11 de xuño
    Pagamento: Do 12 ao 18 de xuño




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade