Novas
O venres 4 de xullo ás 20:30 h na praza Mestre Cerviño, a Biblioteca de Covelo, dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, trae unha cita moi especial coa narradora VERO RILO
- 04/07/2025 -
Actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Covelo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Covelo.
 "E a ti... que che contaban?"
Unha sesión de contos para público familiar que nos convida a lembrar aquelas historias de sempre, cos camiños de Periquiño e a súa procura incansable por novos tesouros...

“Por aquí tampouco... entón... por onde? Por aquí, por aquí, por aquí…”

Achegádevos á Praza Mestre Cerviño para desfrutar dunha tarde chea de maxia, contos e tradición oral. Porque os contos de antes tamén teñen moito que dicir hoxe.




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade