"Son Animal" de Paco Nogueiras na Praza Mestre Cerviño! O sábado 6 de setembro ás 20:00 h, a Biblioteca de Covelo, dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, trae unha cita moi especial.
- 06/09/2025 -
Actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Covelo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Covelo.
Moi preto de nós viven toda clase de ANIMAIS. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas…ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos... co seu SON.
Paco Nogueiras, convídate a bruar como unha vaca, ladrar como un can e mesmo cacarexar como unha galiña, a través de divertidas cancións para participar en igualdade entre nenas e nenos.
