Axenda
Cursos YoConecto para maiores de 60 anos en Covelo.
- 09/03/2026 -
O Concello de Covelo organiza no mes de marzo un taller gratuíto dirixido ás persoas maiores para mellorar as súas competencias dixitais e gañar confianza no uso da tecnoloxía.

Programación:

Lugar: Multiusos do Concello de Covelo

  • Iniciación ao mundo dixital → 9,10,11,12 de marzo (16:30-19:30)


    Prazo inscrición 19.02.2026 nas oficinas xerais do concello de Covelo de luns a venres de 9 h. a 14 h.

Todos os cursos son de balde e con prazas limitadas.
Inscricións de forma presencial no Concello de Covelo ou na sede electrónica cunha instancia xeral na páxina web  www.concellodecovelo.es indicando o curso que se quere realizar.

Estas actuacións forman parte da iniciativa Generación D, impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU.

 




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade