Ciclo de Cine pola igualdade en Covelo.
Este domingo 19 de outubro ás 19:30 h no Auditorio de Covelo iniciamos un ciclo de Cinefórum con películas para reflexionar sobre igualdade.
Filme: €Corre como una chica€
Unha historia inspiradora sobre superación, forza e igualdade de oportunidades.
Ao rematar a proxección realizaremos a actividade “Expresión de igualdade”, un espazo aberto de análise e debate para compartir reflexións e opinións.
Entrada libre ata completar aforo.
Non perdas esta oportunidade de ver cinema con mensaxe e participar nun coloquio enriquecedor.
Organiza: Concello de Covelo e financia Deputación de Pontevedra.
