Agenda
Feria de Navidad 2025
- 06/12/2025 -
El sábado, 6 de diciembre, la Plaza Mestre Cerviño se llenará de color, música y alegría con nuestra tradicional Feria de Artesanía de Navidad 2025.
Desde as 10:30 h. poderás desfrutar dunha feira especial con postos de artesanía, produto local, segunda man e o Espazo de Reparación Colectiva (Repair Café), onde persoas voluntarias axudarán a darlle unha segunda vida a moitos obxectos ??
Ademais, o Grupo de Voluntariado Social de Covelo recollerá alimentos, tapóns solidarios e xoguetes, coa colaboración da Asociación Stop e a ANPA O Suído dentro da campaña “Cada neno, un xoguete”.
O mellor lugar onde atopar os mellores agasallos de Nadal, feitos con cariño, creatividade e talento local.
11:30 h. Obradoiro de cociña para pequenos e maiores con dúas deliciosas receitas de Nadal e degustación para todos.
13:00 h. Sesión vermú musical con Toti Voz.
16:00 h. Obradoiro infantil de Nadal con Barafunda Animación (renos con piñas e Nicolás de algodón).
16:30 h. Actuación musical dos grupos Os da Troula e Sons do Suído.
17:30 h. Gran visita dos Trasnos do Nadal e Papá Noel, con globoflexia, buzón máxico e photocall de globos para levar un recordo moi especial (unha foto de regalo).
 ->Un día para compartir ilusión, tradición e moita festa en familia!
 ->Praza Mestre Cerviño – Covelo
->Sábado, 6 de decembro de 2025
 Organiza: Concello de Covelo
Colabora: Deputación de Pontevedra



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade