Novas
Ciclo Mestre Mateo en Covelo.
- 10/12/2025 -
->Proxección do documental Prefiro Condenarme
->Mércores 10 de decembro de 2025
->18:00 h
->Auditorio Municipal de Covelo
A directora Margarita Ledo tráenos a poderosa historia de Sagrario, unha mariscadora da ría de Ferrol que nos anos 70 se atreveu a desafiar as normas sociais e morais do seu tempo. Aos 33 anos enfróntase a un xuízo por adúltera tras ter unha filla co seu amante, un carpinteiro ao que ela define como “digno de querer”.
Como unha Antígona contemporánea, Sagrario decide poñerse do lado do desexo, da liberdade e da súa propia verdade, facendo fronte a unha sociedade que non perdoa ás mulleres que se afastan do imposto.

Un documental emotivo, poético e combativo que revisa a memoria, a desigualdade e a forza das mulleres que se negaron a baixar a cabeza.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade