Novas
Peche do Ciclo Mestre Mateo en Covelo.
- 12/12/2025 -
12.12.2025
20.30 h
Auditorio Municipal de Covelo.
Este venres pechamos en Covelo o ciclo Mestre Mateo cun documental sorprendente: Salvaxe, salvaxe, unha mirada única ao lobo ibérico e á relación histórica que mantemos con el. Un filme diferente, sensible e potente que mestura natureza, memoria, mitoloxía e cinema desde unha perspectiva totalmente nova.
Dirixido por Emilio Fonseca e finalista aos XXIII Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor Documental, esta obra lévanos polos montes da Galiza e do norte de Portugal para rastrexar sinais, ausencias e historias que quedaron marcadas na nosa paisaxe e na nosa cultura.

Un peche perfecto para o ciclo: emocionante, reflexivo e visualmente fascinante.

Agardámoste para compartir esta experiencia de cine en Covelo. Non perdas esta última proxección.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade