Este sábado en Covelo temos teatro! Chega Neura, a nova comedia de Ste Xeito Producións, dentro do circuíto +Escénicas da Deputación de Pontevedra.
- 13/12/2025 -
->Sábado 13 de decembro 2025
->19:00 h
->Auditorio Municipal de Covelo
->Entrada libre ata completar aforo
->Recomendada para maiores de 12 anos
->Duración: 1 h 15 min
Neura é unha comedia neurótico-festiva sobre as pequenas manías que todas e todos temos. Edu e Sonia, dous ex con moita historia detrás, reencontraranse para poñer a proba as súas neuras entre humor, ironía e situacións nas que é imposible non sentirse identificado. Un espectáculo divertido, áxil e moi humano.
