Este domingo 14.12.2025 ás 19:00 h celebramos no Auditorio Municipal de Covelo a entrega de diplomas e a comunicación das fotografías premiadas do concurso €Covelo Turismo, Cultura e Patrimonio€.
Estades todos e todas convidados/as a acompañarnos nun acto moi especial no que recoñeceremos o talento e a creatividade da nosa veciñanza. Será tamén unha ocasión perfecta para desfrutar da exposición completa.
Exposición aberta ao público
A mostra das 51 fotografías presentadas, un auténtico récord nesta edición, pode visitarse no Auditorio Municipal de Covelo ata o 19 de decembro. Grazas a todas as persoas participantes por seguir amosando, ano tras ano, a beleza e a esencia do noso concello.
Horario de visita
De luns a venres:
10:00 – 14:00 h
16:00 – 19:00 h
(Agás o mércores ás 18:00 h, cando haberá unha proxección do ciclo Mestre Mateo.)
As imaxes seleccionadas ilustrarán o calendario 2026 do Concello de Covelo.
Grazas pola vosa participación e por contribuír a crear un fermoso retrato colectivo do noso territorio.
