Novas
Covelo anuncia os galardoados dos XI Galardóns Síntete Covelo 2025.
- 17/12/2025 -
Nesta edición, os galardóns recaen na Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera, pola súa traxectoria no ámbito cultural, pola divulgación das artes musicais e pola posta en valor do patrimonio histórico e cultural, contribuíndo de maneira destacada á proxección de Covelo como destino cultural e patrimonial; e no Hotel la Rectoral de Paraños e os Apartamentos Villa Maceira, pola súa traxectoria no ámbito turístico, pola súa aposta polo turismo rural de calidade e pola posta en valor de Covelo como destino con identidade propia.
O Concello de Covelo deu a coñecer as persoas e entidades distinguidas nos XI Galardóns Síntete Covelo 2025, un recoñecemento anual que pon en valor a traxectoria, o compromiso e o labor de quen contribúe ao desenvolvemento do municipio e á proxección do nome de Covelo.

A gala de entrega dos galardóns celebrarase o sábado 27 de decembro de 2025, ás 18:30 horas, no Auditorio Municipal de Covelo, nun acto público aberto á veciñanza.

O evento contará cunha actuación musical financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a cargo de Antonio Barros e Ialma, co espectáculo Grandes Voces da Canción. Ao remate da gala ofrecerase un aperitivo acompañado de viño galego.

Desde o Concello de Covelo convídase á veciñanza a participar neste encontro, que celebra o talento, o esforzo e o compromiso coa nosa terra.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade