La gala de los XI Galardones Siéntete Covelo 2025 se celebrará el 27 de diciembre.
El Ayuntamiento de Covelo celebrará la gala de entrega de los XI Galardones Siéntete Covelo 2025 el sábado 27 de diciembre, a las 18:30 horas, en el Auditorio Municipal de Covelo, en un acto público abierto a todos los/as vecinos/as.
Nesta edición, os galardóns recaen na
Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera, pola súa traxectoria no ámbito cultural, pola divulgación das artes musicais e pola posta en valor do patrimonio histórico e cultural, contribuíndo de maneira destacada á proxección de Covelo como destino cultural e patrimonial; e no
Hotel A Rectoral de Paraños e os Apartamentos Villa Maceira, pola súa traxectoria no ámbito turístico, pola súa aposta polo turismo rural de calidade e pola posta en valor de Covelo como destino con identidade propia.
O acto contará cunha actuación musical financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a cargo de Antonio Barros e Ialma, co espectáculo Grandes Voces da Canción. Ao remate da gala ofrecerase un aperitivo acompañado de viño galego.
Desde o Concello de Covelo convídase á veciñanza a asistir e participar nesta gala, que se consolida como un espazo de recoñecemento e encontro arredor dos valores que definen a nosa comunidade.