Novas
A gala dos XI Galardóns Síntete Covelo 2025 celebrarase o 27 de decembro.
- 27/12/2025 -
O Concello de Covelo celebrará a gala de entrega dos XI Galardóns Síntete Covelo 2025 o sábado 27 de decembro, ás 18:30 horas, no Auditorio Municipal de Covelo, nun acto público aberto a toda a veciñanza.
Nesta edición, os galardóns recaen na Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera, pola súa traxectoria no ámbito cultural, pola divulgación das artes musicais e pola posta en valor do patrimonio histórico e cultural, contribuíndo de maneira destacada á proxección de Covelo como destino cultural e patrimonial; e no Hotel A Rectoral de Paraños e os Apartamentos Villa Maceira, pola súa traxectoria no ámbito turístico, pola súa aposta polo turismo rural de calidade e pola posta en valor de Covelo como destino con identidade propia.
O acto contará cunha actuación musical financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a cargo de Antonio Barros e Ialma, co espectáculo Grandes Voces da Canción. Ao remate da gala ofrecerase un aperitivo acompañado de viño galego.

Desde o Concello de Covelo convídase á veciñanza a asistir e participar nesta gala, que se consolida como un espazo de recoñecemento e encontro arredor dos valores que definen a nosa comunidade.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade