As fotografías premiadas deste ano e as 9 imaxes seleccionadas que formarán parte do noso calendario municipal xa son unha realidade.
A selección realizouse o mércores 3 de decembro e foi presentada publicamente o sábado 14 de decembro, nun acto e exposición celebrados no auditorio municipal do Concello de Covelo.
Nesta publicación amosamos as fotografías escollidas, que destacan pola súa calidade artística e pola súa capacidade para captar a esencia do noso territorio.
Fotografías premiadas
Rosa María Tielas Conde – REFLEXO NUN ESPELLO DA RODA DO ASERRADOR
Salomé Pérez González – TOCAR O CEO
Juan Carlos Bolaño González – PENEDO DA CRUZ
Agradecemento especial ao xurado, polo seu criterio, profesionalidade e dedicación.
Oscar Manuel Gómez Sánchez (deseño gráfico, rotulación e comunicación visual)
Julio Eiroa Mera (fotógrafo)
Laura Porto Crabeiro (Traballadora Cultural e Xornalista)
Os calendarios estarán dispoñibles en breve. Comunicaremos proximamente cando e onde se poderán recoller.
Grazas a todas as persoas participantes por compartir a súa mirada e contribuír a poñer en valor Covelo a través da fotografía.
1º Rosa María Tielas Conde
2º Salomé Pérez González
3º Juan Carlos Bolaño González