Novas
Obradoiros de memoria e aprendizaxe Cultiva a Mente.
- 25/03/2026 -
Realizar tarefas para exercitar as capacidades mentais o obradoiro "Cultiva a Mente" é un proxecto que abrangue a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional.
Para persoas maiores de 55 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención do deterioro cognitivo e o coñecemento do envellecemento activo.

Cando?
Sesións todos os xoves de abril a decembro de 2026
(Xullo e agosto non hai actividade por vacacións)

Horarios (2 grupos):
Grupo 1: 10:00 – 11:30
Grupo 2: 11:30 – 13:00

Prazas limitadas:
2 grupos de 15 persoas

Inscricións:
Do mércores 25 de marzo ás 8:00 h ata o 13 de abril ás 14:00 h
Oficinas xerais do Concello (luns a venres, 8:00–14:00)
986 65 00 27
Sede electrónica (enviar formulario inscrición para descargar aquí)
 Prezo: 10 €/mes

A programación de actividades de promoción turística,cultural e da saúde do Concello de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra.



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade