Comezan as Mostras de Artesanía e Segunda Man en Covelo.
Cada primeiro sábado de mes ata setembro (e en decembro edición especial de Nadal), Covelo énchese de vida cunha mañá diferente para todos os públicos
Que atoparás?
Postos de artesanía e segunda man
Recollida solidaria de alimentos e tapóns
Café Repair (repara e dálle nova vida aos teus obxectos gratis)
11:30 h Obradoiro de cociña con degustación
13:00 h Sesión vermú musical con Cynthia & Rose
Pulpeiro durante toda a mañá
Un plan perfecto para pasear, mercar, compartir e gozar en comunidade.
VEN A PASAR UNHA MAÑÁ DIFERENTE A COVELO E ATOPA OS MELLORES AGASALLOS.
Organiza: Concello de Covelo
Financia: Deputación de Pontevedra