Novas
Comezan as Mostras de Artesanía e Segunda Man en Covelo.
- 02/05/2026 -
Sábado 2 de maio arrancamos unha nova cita mensual que non te podes perder
Praza Mestre Cerviño
De 10:00 a 14:30 h
Cada primeiro sábado de mes ata setembro (e en decembro edición especial de Nadal), Covelo énchese de vida cunha mañá diferente para todos os públicos
Que atoparás?
Postos de artesanía e segunda man
Recollida solidaria de alimentos e tapóns
Café Repair (repara e dálle nova vida aos teus obxectos gratis)
11:30 h Obradoiro de cociña con degustación
13:00 h Sesión vermú musical con Cynthia & Rose
Pulpeiro durante toda a mañá
Un plan perfecto para pasear, mercar, compartir e gozar en comunidade.
VEN A PASAR UNHA MAÑÁ DIFERENTE A COVELO E ATOPA OS MELLORES AGASALLOS.
Organiza: Concello de Covelo
Financia: Deputación de Pontevedra




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade