Malvela é unha formación de referencia na música tradicional galega, destacando polo seu labor de recuperación e difusión do patrimonio musical popular. O público poderá gozar dun repertorio baseado na tradición galega e portuguesa, con cancións que convidan tanto á emoción como á participación.
A actuación forma parte do programa provincial +Música, unha iniciativa destinada a apoiar a programación artística profesional en galego e a promover a cultura e a lingua galegas nos concellos da provincia.
A entrada será libre e gratuíta. O Concello de Covelo anima á veciñanza e ás persoas visitantes a asistir e desfrutar desta proposta cultural de gran calidade.
