Novas
Malvela actuará este sábado na Praza Mestre Cerviño.
- 27/06/2026 -
O Concello de Covelo organiza este sábado ás 22:00 horas na Praza Mestre Cerviño o concerto do grupo Malvela, dentro do programa +Música da Deputación de Pontevedra.

Malvela é unha formación de referencia na música tradicional galega, destacando polo seu labor de recuperación e difusión do patrimonio musical popular. O público poderá gozar dun repertorio baseado na tradición galega e portuguesa, con cancións que convidan tanto á emoción como á participación.

A actuación forma parte do programa provincial +Música, unha iniciativa destinada a apoiar a programación artística profesional en galego e a promover a cultura e a lingua galegas nos concellos da provincia.

A entrada será libre e gratuíta. O Concello de Covelo anima á veciñanza e ás persoas visitantes a asistir e desfrutar desta proposta cultural de gran calidade.




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade