Novas
17.07.2026 A maxia chega a Covelo da man do Mago Paco
- 17/07/2026 -
A Biblioteca Pública Municipal de Covelo convídavos a unha tarde chea de ilusión, humor e diversión para toda a familia.

Venres, 17 de xullo
20:30 h
Praza Mestre Cerviño
O Mago Paco presenta o espectáculo "Sorrisos Máxicos", un show que combina ilusionismo, humor e a participación do público para crear unha experiencia única e inesquecible. Unha proposta fresca, dinámica e entrañable na que o misterio e as gargalladas van da man.

Un espectáculo gratuíto pensado para todas as idades, no que pequenos e maiores poderán deixarse sorprender pola maxia... e marchar cun gran sorriso.

Non perdas esta tarde máxica. Agardámoste!

Actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Covelo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Covelo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade