Procederase ao peche da subministración de auga en Pereiras-Vilanova desde hoxe, 8 de xullo, ás 21:00 horas, ata que o depósito recupere un nivel suficiente.
Control e sancións
O Concello realizará a lectura dos contadores e aplicará as sancións previstas na Ordenanza Municipal. O incumprimento das restricións poderá supoñer multas de entre 50 e 500 euros, ademais do corte inmediato da subministración de auga, segundo a gravidade da infracción e os danos ocasionados ao resto das persoas usuarias.
AVISO IMPORTANTE | Uso responsable da auga en Pereiras-Vilanova
O Concello de Covelo informa de que, debido ao excesivo consumo de auga e á escaseza dos mananciais, o depósito de abastecemento de Pereiras-Vilanova quedou completamente baleiro, polo que é imprescindible facer un uso responsable da auga.
Que NON se pode facer coa auga da rede municipal?
Regar hortas, viñedos, xardíns ou fincas.
Encher piscinas.
Medidas adoptadas
Procederase ao peche da subministración de auga en Pereiras-Vilanova desde hoxe, 8 de xullo, ás 21:00 horas, ata que o depósito recupere un nivel suficiente.
Control e sancións
O Concello realizará a lectura dos contadores e aplicará as sancións previstas na Ordenanza Municipal. O incumprimento das restricións poderá supoñer multas de entre 50 e 500 euros, ademais do corte inmediato da subministración de auga, segundo a gravidade da infracción e os danos ocasionados ao resto das persoas usuarias.
A auga é un recurso esencial e limitado. A colaboración de toda a veciñanza é fundamental para garantir o abastecemento e evitar que sexa necesario adoptar medidas máis restritivas.
