Un tempo para ti.
Cantas veces as mulleres estamos pendentes de todo e de todas… e deixámonos para o final?
O traballo, a casa, a familia, os coidados, as preocupacións… E ás veces esquecemos algo esencial: nós tamén necesitamos ser coidadas.
Desde o Programa CLARA, convidámoste a regalarche algo que tantas veces nos falta: tempo para ti. Un espazo tranquilo no que parar, escoitarte, aliviar tensións e poñer o teu benestar no centro, sen présas e sen culpa.
.jpeg)