Aprende a utilizar a Intelixencia Artificial de maneira sinxela, práctica e segura.
E, sobre todo, practicaremos con situacións reais:
-Utilizar NotebookLM para estudar, investigar e traballar con documentos
-Comprender cartas e textos difíciles
-Redactar mensaxes e facer traducións
-Preparar ou mellorar un currículo
-Analizar ofertas de emprego
-Promocionar produtos e iniciativas do rural
-Organizar gastos, compras e tarefas cotiás
-Protexer a nosa privacidade
-Detectar erros, información inventada e sesgos, tamén de xénero
Trae o teu teléfono móbil e ganas de aprender. Descubrirás ferramentas que poden axudarche no día a día, no emprego, no estudo e na investigación, sempre con criterio propio e revisión humana.
