O Concello de Covelo pon en marcha un novo servizo de conciliación familiar e laboral, dirixido a nenos e nenas de 3 a 13 anos, para facilitar ás familias a organización do coidado dos menores durante xornadas non lectivas e determinados horarios de tarde.
Martes 13 de outubro
De 7:30 a 15:00 h
Local Multiusos do Concello de Covelo
O programa incluirá xogos e animación, actividades deportivas e artísticas, obradoiros de horticultura e medio ambiente, excursións culturais e actividades de sensibilización en igualdade.
Servizo totalmente gratuíto.
Inscricións: 6 e 7 de outubro de 2026, de forma presencial ou a través da Sede Electrónica do Concello, mediante a instancia xeral e o Anexo I.
Máis información: Servizos Sociais Municipais – 986 650 027 (ext. 3).
Un servizo pensado para axudar ás familias de Covelo a conciliar a vida familiar e laboral, ofrecendo ás nenas e nenos un espazo educativo, lúdico e seguro.
Actividade organizada polo Concello de Covelo, financiada a través do Plan Corresponsables, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade.
Bases consultar
aquí.
Solicitude inscrición
aquí.
