El Ayuntamiento de Covelo organiza el próximo sábado 7 de noviembre una nueva edición del Magosto de Covelo, una jornada pensada para disfrutar en familia y para todas las edades, con tradición, música y actividades de Halloween.
A programación dará comezo ás 17:00 horas coa celebración do Magosto, onde non faltarán as castañas asadas, o chouripán e a música durante toda a tarde.
Ás 18:30 horas terá lugar a Xincana de Halloween, con xogos e diferentes probas para desfrutar dunha tarde divertida e terrorífica.
Ás 19:30 horas comezará na Sala Multiusos do Concello de Covelo o Escape Room Familiar “ESTRELAS”, unha actividade para vivir en equipo e resolver diferentes retos. Ao finalizar a proba, os participantes conseguirán unha tarxeta máxica que lles permitirá obter un premio na Praza de Covelo.
Información e inscricións para o Escape Room (activiade financiada pola Deputación de Pontevedra):
Teléfono: 609 414 303
Correo electrónico: info@territorio-comanche.com
Unha tarde para compartir, divertirse e celebrar o outono en Covelo, con castañas, chouripán, música e actividades para toda a familia.
Data: sábado, 7 de novembro de 2026
Lugar: Covelo
Organiza: Concello de Covelo
