Novas
AXUDAS Á NATALIDADE 2026
- 20/10/2026 -
O Concello de Covelo convoca as axudas á natalidade para 2026, cunha contía máxima de 500 euros por cada nena ou neno nado ou adoptado desde o 30 de novembro de 2025 ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Entre os requisitos, cómpre que unha das persoas proxenitoras estea empadroada en Covelo cunha antelación mínima de nove meses ao nacemento ou adopción, que a familia cumpra os límites de renda establecidos nas bases e que se comprometa a manter o empadroamento e a residencia efectiva no municipio durante dous anos.

Prazo de presentación: 15 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Máis información: nas bases da convocatoria, na Sede Electrónica do Concello de Covelo ou nas oficinas de Servizos Sociais.

Solicitude: Solicitud Anexo I e bases reguladar e solicitude AQUI.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade