Enquisa aberta á veciñanza para coñecer os intereses e ter en conta as propostas da cidadanía á hora de preparar a programación do 2027. Participa na enquisa ata o 15 de novembro de 2026.
Queremos saber a túa opinión sobre as actividades de Covelo.
Ao longo do ano, desde o Concello de Covelo organizamos actividades culturais, deportivas, cine, gastronomía, propostas para a infancia e a mocidade, conciliación familiar, formación e moitas outras iniciativas.
Agora queremos saber que che parecen, cales che gustan máis, que aspectos cres que poderiamos mellorar e que novas actividades che gustaría que organizásemos.
Por iso, pomos en marcha esta enquisa aberta á veciñanza, para coñecer os vosos intereses e ter en conta as vosas propostas á hora de preparar a programación do 2027.
A túa opinión é importante para coñecer que actividades interesan máis á veciñanza de Covelo.
Participa na enquisa, aberta ata o 15 de novembro de 2026, aquí.
Grazas por dedicarnos uns minutos e compartir as túas ideas.
