O Concello de Covelo abre o prazo para participar nos procesos selectivos para a creación de dúas bolsas de emprego municipal:
- AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
- OFICIAL DE SERVIZOS VARIOS
Estas bolsas permitirán ao Concello contar con persoas candidatas para futuras contratacións temporais, cando sexa necesario cubrir baixas laborais, permisos, vacacións ou outras necesidades de persoal.
PRAZO DE INSCRICIÓN: 10 DÍAS HÁBILES, contados desde o día seguinte á publicación no BOPPO (19/11/2026).
Onde consultar as bases e os requisitos?
Na sede electrónica do Concello:
AQUÍ.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través dos medios previstos na normativa administrativa, incluída a sede electrónica.
PARA CONSULTAR BASES AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
AQUÍ.
PARA CONSULTAR BASES OFICIAL DE SERVIZOS VARIOS
AQUÍ.
