Novas
COVELO XA TEN AS FOTOGRAFÍAS DO SEU CALENDARIO 2027
- 06/12/2026 -
O vindeiro 6 de decembro, ás 18:00 h, no Auditorio Municipal de Covelo, daremos a coñecer os resultados do VII Concurso de Fotografía para o Calendario do Concello de Covelo 2027.
Será o momento de descubrir as tres fotografías premiadas (primeiro, segundo e terceiro premio) e as outras nove fotografías que acompañarán cada mes do noso calendario de 2027.
Ademais, xa se poden visitar todas as fotografías presentadas ao concurso na exposición instalada no Auditorio Municipal.
Horario da exposición:
De luns a venres:
De 10:00 a 14:00 h.
De 16:00 a 19:00 h.



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade