Actualidade e Noticias



O Concello de Covelo colabora co CEIP Antonio Blanco Rodríguez para que o alumnado goce das augas termais do balneario de Mondariz
- 20/03/2023 -

O alumnado de cuarto, quinto e sexto do Ceip Antonio Blanco Rodríguez celebrará o Día Mundial da Auga coñecendo e gozando dos beneficios das augas termais de Balneario de Mondariz
O alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do colexio público Antonio Blanco Rodríguez de Covelo participará na actividade lúdica-educativa ofrecida por Balneario de Mondariz con motivo do seu 150 aniversario.


O Concello de Covelo e o centro educativo colaboran sufragando os gastos para que o alumnado poida achegarse á historia do Balneario de Mondariz dende o século XIX ata hoxe e a importancia de Galicia como destino termal.


Nesta actividade, alumnas e alumnos tomarán conciencia da importancia económica e cultural do Balneario de Mondariz, que naceu no 1878, a nivel comarcal, autonómico e incluso estatal ao longo dos anos. Tamén coñecerán a valía da contorna natural que arrodea os edificios e o valor arquitectónico dos mesmos.


Equipadas/os de bañador, toalla e chanclas gozarán, ademais, das aguas termais e coñecerán os seus beneficios tendo tempo para xogar e relaxarse no Palacio da Auga e no Spa.


Nesta actividade de dúas horas de duración percorrerán os xardíns e afondarán na historia de Galicia vencellada ás nosas vilas. A saída celebrarase o día 22 de marzo, coincidindo co Día Mundial da Auga, e complétase cunha unidade didáctica sobre o ciclo da auga nas nosas vidas que se desenvolverá nas aulas.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade