Actualidad y Noticias



El Ayuntamiento de Covelo aprueba el Plan de Formación del primero semestre de 2025, el programa €Cultiva la mente€ y cursos de herramientas digitales para mayore
- 10/03/2025 -

Se ofertarán seis cursos de 15 y 30 horas destinados preferentemente a personas desempleadas; el programa €Cultiva la mente€ de prevención del deterioro cognitivo; y dos cursos de ocio, comunicación y gestiones digitales para mayores.
 Con cargo a fondos propios, o Concello de Covelo investirá 10.000 € en cursos de formación
destinados a persoas interesadas en mellorar a formación e capacitación profesional e nos
que terán preferencia de aceso as persoas desempregadas e empadroadas no concello.
Despois do proceso de participación pública no que todas as persoas interesadas
manifestaron as súas preferencias sobre os cursos demandados, así como a programación
temporal dos mesmos, o servizo de Desenvolvemento local e emprego fai pública a seguinte
oferta de cursos e as datas de previstas: “Acompañante de transporte escolar e monitor de
comedor” (30 horas) os dias 24 a 31 de marzo; “Técnicas de almacén” (30 horas) do 1 ao 8
de abril; “Limpeza industrial” (15 horas) do 21 a 23 de abril; “Manipulador de alimentos e
alérxicos” (5 horas) dia 28 de abril; “Inglés Xeral de Comercio y Turismo” (32 horas) nos
meses de marzo, abril e maio; “Operador/a carretilla elevadora” (15 horas) do 2 a 4 de xuño.
Un ano mais, aprobouse o programa “Cultiva a mente” destinado á promover un
envellecemento cognitivo activo e previr o deterioro; promover a adhesión a un estilo de vida
activo e saudable por partes das persoas maiores; desenvolver estratexias de memoria
activa e mellorar a autoestima e a vida social e persoal das persoas enfermas e dos seus
familiares. Este programa, que será financiado con cargo á liña 2 de actividades do plan +
Provincia da Deputación de Pontevedra por importe de 2.809,25 €, terá unha duración de 8
meses nos que se impartirá un obradoiro semanal a un máximo de 15 persoas maiores de 55
anos.
Para as persoas maiores, aprobáronse dous cursos presencias e gratuítos destinados á
Iniciación no mundo dixital que se celebrará do 8 ao 11 de abril; e curso de Ocio dixital no
que se aprenderá a usar aplicacións de streaming, reservas para eventos culturais, planificar
viaxes e aloxamentos... que se celebrará do 29 de abril ao 2 de maio. Esta formación
impartirase a través do programa de Ciber Voluntarios do Ministerio de Derechos Sociales,
 
Consumo y Agenda 2030.
Dende o grupo de goberno, o alcalde manifesta que somos conscientes das dificultades que
existen no rural para acceder a cursos de formación, por esta razón facemos un esforzo
maior destinando mais recursos a actividades de capacitación para o emprego, actualización
curricular e de competencias, así como ofertar cursos destinados a maiores coa intención de
evitar a “brecha dixital” e a exclusión por non poder acceder aos coñecementos das TIC.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade