Present News



El Ayuntamiento de Covelo anuncia su programación cultural, turística y deportiva para el verano 2025 y anuncia la XLIV Fiestas Patronales y del Churrasco 2025
- 07/07/2025 -

El Ayuntamiento de Covelo viene de presentar su amplia programación de actividades culturales, turísticas y deportivas para los meses de verano de 2025. El calendario incluye propuestas para todos los públicos, en las distintas parroquias del municipio, y destaca por la variedad de eventos de ocio, música, patrimonio, deporte y conciliación familiar.
Entre as actividades máis salientables figuran os concertos do XVII Ciclo de Música
Relixiosa, xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos, proxeccións de cine na
rúa, actividades infantís dentro do programa "Ler Conta Moito", roteiros interpretativos, feiras
de artesanía e segunda man, observación astronómica e festivais como o XX Festival de
Artes Escénicas e Tradicións Populares "Artealdea" en Piñeiro organizado por Artealdea
(Gigi). Ademais, manteranse iniciativas deportivas como o Campus Multideporte, a Festa da
Bicicleta ou a ximnasia na auga.
No marco desta programación estival, o Concello anuncia tamén a celebración das XLIV
Festas Patronais e do Churrasco, que terán lugar os días 24, 25 e 26 de xullo, cunha
proposta musical, gastronómica e tradicional que atraerá tanto veciñanza como visitantes.
XLIV Festas Patronais e do Churrasco – Covelo 2025
As festas desenvolveranse na Praza Mestre Cerviño e no Campo da Feira, cunha
programación diversa que combina animación infantil, música, gastronomía e celebración
relixiosa.
Xoves, 24 de xullo
Ás 22:30 h dará comezo a festa coa Peque Disco Moc Moc & Remember Temazos 90-2000,
a cargo de Mere Clown, que ofrecerá un espectáculo con música, circo, malabares e
participación do público.
Venres, 25 de xullo
A xornada comezará ás 12:00 h cunha feira de produtos locais e artesanía. Ás 12:30 h
celebrarase a misa solemne na honra de Santiago Apóstolo, seguida dunha procesión
acompañada pola Banda de Música de Mondariz, que ofrecerá un concerto ás 13:15 h.
A partir das 14:00 h terá lugar a tradicional Festa do Churrasco, cun menú popular a base de
churrasco, criollo, pementos, pan e viño, amenizado pola charanga Os Encerellados.
A música continuará pola tarde cos concertos de Los Lunes al Sol (14:30 h) e Óscar Ibáñez
& Tribo (17:30 h). A partir das 18:00 h, haberá chouripán cantina do Campo da Feira para a
merenda/cena, organizado polo Club Patinaxe Covelo.

Sábado, 26 de xullo
A festa pechará cunha gran verbena a partir das 23:00 h na Praza Mestre Cerviño, coa
actuación da orquestra La Nave e un peche musical a cargo do DJ Mesu.


    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade