Present News



Covelo acoge un fin de semana de caza con protagonismo femenino en los montes de la Graña y San Salvador de Prado.
- 05/10/2025 -

Este pasado fin, los montes de Covelo fueron escenario de una jornada de caza singular y llena de simbolismo, con la destacada presencia de mujeres cazadoras procedentes de diferentes puntos de Galicia y del norte de Portugal. La actividad se desarrolló en los tecores de la Graña y de San Salvador de Prado, con la colaboración y acompañamiento de sus presidentes y cazadores locales

Covelo, 6 de outubro de 2025

Este pasado fin de semana, os montes de Covelo foron escenario dunha xornada de caza singular e chea de simbolismo, coa destacada presenza de mulleres cazadoras procedentes de diferentes puntos de Galicia e do norte de Portugal. A actividade desenvolveuse nos tecores da Graña e de San Salvador de Prado, coa colaboración e acompañamento dos seus presidentes e cazadores locais.

As participantes, procedentes de A Coruña, Vilalba, O Saviñao, Nigrán, Pontevedra, Sada, Paredes de Coura, Salceda de Caselas, Zamora, Porto do Son, Gondomar, entre outros lugares, compartiron unha experiencia que puxo de manifesto o crecente papel das mulleres no mundo cinexético e o seu compromiso coa conservación do medio natural.

A meteoroloxía marcou o ritmo da fin de semana: o sábado a intensa néboa dificultou a xornada, mentres que o domingo o sol acompañou e permitiu desfrutar dun día espléndido no monte, favorecendo o bo ambiente e a convivencia entre todas as persoas participantes.

Tras o xantar de confraternidade, o Concello de Covelo, representado pola Tenente de Alcalde, Lourdes Enes, fixo entrega duns agasallos ás participantes no marco da campaña municipal contra a violencia de xénero, poñendo en valor o papel activo e exemplar das mulleres en todos os ámbitos da sociedade, tamén no rural.

O Concello de Covelo quere agradecer a colaboración dos tecores da Graña e San Salvador de Prado, así como a participación de todas as mulleres cazadoras, que contribuíron a facer desta fin de semana unha celebración da igualdade, o respecto pola natureza e a convivencia.




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade